10/05/12

AS LETRAS GALEGAS CON VALENTÍN PAZ ANDRADE



O DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Historia e figuras homenaxeadas na traxectoria deste día sinalado para Galicia.




“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”
O porvir da lingua

 

A WEB FUNDAMENTAL SOBRE PAZ ANDRADE: textos, imaxes, reportaxes...
REPORTAXES NA TVG: Aquí atoparedes fragmentos de entrevistas ao autor homenaxeado e algunha revisión da súa obra, influencias... 

CONCURSO SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2012,
desde educaBarrié lanzan, na sección da Biblioteca da Fundación Barrié, un concurso dirixido a tódolos centros de ESO e bacharelato galegos, baseado na webquest Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial.



23/04/12

GÚSTAME LER


Aquí tedes un vídeo coa importancia das palabras na nosa vida.


20/04/12

E-BOOKS NO IES A SANGRIÑA



 O LUNS, DÍA 23 DE ABRIL, PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, XA ESTARÁN Á VOSA DISPOSICIÓN OS CINCO E-BOOKS QUE MERCAMOS PARA A BIBLIOTECA NO SEGUNDO RECREO.

PREMIO CERVANTES 2011




Nicanor Parra
O Instituto Cervantes rendirá homenaxe este luns ao autor chileno Nicanor Parra. Se queredes coñecer máis da súa obra, aquí tedes un enlace no que están recollidos numerosas  das súas composicións poéticas.

AGNUS DEI

Horizonte de tierra
Astros de tierra
Lágrimas y sollozos reprimidos
Boca que escupe tierra
Dientes blandos
Cuerpo que no es más que un saco de tierra
Tierra con tierra -tierra con lombrices.
Alma inmortal-espíritu de tierra.

Cordero de dios que lavas los pecados del mundo
Dime cuántas manzanas hay en el paraíso terrenal.
Cordero de dios que lavas los pecados del mundo
Hazme el favor de decirme la hora.

Cordero de dios que lavas los pecados del mundo
Dame tu lana para hacerme un sweater.

Cordero de dios que lavas los pecados del mundo
Déjanos fornicar tranquilamente:
No te inmiscuyas en ese momento sagrado.

18/04/12

ROTEIRO DE A PRAIA DOS AFOGADOS

Este venres desenvolverase un roteiro literario relacionado coa obra A praia dos afogados de Domingo Villar, polo que vos aportamos información interesante sobre esta obra e o seu autor:




 A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga

que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde 

os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas 

da cidade de Vigo. 


                         

15/04/12

CARLOS CALLÓN NO IES A SANGRIÑA

Carlos Callón estará no noso centro o luns, 16 de abril, para falarnos do seu libro titulado Como defenderes os teus dereitos lingüísticos". Para saber máis, tedes aquí o enlace do seu blogue ww.carloscallon.com


06/03/12

RECORDANDO A CARLOS CASARES


O venres 9 cúmprense dez anos do pasamento de Carlos Casares. Para lembrar a súa figura de escritor elaboramos unha liña do tempo coas datas relevantes na súa vida e obra, xunto coas portadas das súas obras máis representativas.





ACHÉGATE E LERÁS

24/02/12

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro e o Día da poesía, para homenaxear á poetisa na data do seu nacemento.







Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
                              sombra que sempre me asombras.      
                                                                                                Negra Sombra, poema de Rosalía de Castro de la obra "Follas Novas" (1880).